viernes, 22 de marzo de 2013

Violencia de xénero



10 claves *
¿CÓMO SE RECOÑECE A UN MALTRATADOR?
Se hai maltrato físico ou psicolóxico, non hai dúbida. Pero se pode detectar moito antes de chegar a esta fase. Son homes fundamentalmente posesivos que exercen moito control sobre a muller: se entras, se sales, con quén vas, cómo vistes, cánto diñeiro gastas, se tes, fas ou recibes chamadas —xa sexa de amigos ou familiares—, se te desvalora, desautoriza ou insulta en público... E incluso antes, na etapa de noivos, hai síntomas que poden por en alerta a unha muller: antecedentes de condutas violentas con outras mulleres, familiares ou amigos; accesos de cólera repentinos e sen sentido; actos de crueldade (por exemplo, con animais); falta de arrepentimento ante os seus propios erros; unha forma de pensar excesivamente ríxida, convencido de que sempre está en posesión da verdade...


SON VÍCTIMA DE MALOS TRATOS. ¿QUÉ DEBO FACER?
Tes dúas opcións:
- Buscar consello profesional a través de programas de asesoramento á muller. Podes informarte no teléfono gratuito 900 19 10 10.
- Denunciar o teu agresor. Se tomas esta decisión, tes que ter claro que despois da denuncia non deberías volver a compartir a mesma casa con el. Pode ser perigoso. Traza previamente un plan para poder refuxiarte na casa de algún amigo ou familiar. Algunhas comunidades autónomas teñen un servizo de urxencia que permite acoller ás vítimas uns días mentres se solucionan os trámites necesarios para a súa entrada nunha casa de acollida.


PEGAME, PERO ENSEGUIDA ME PIDE PERDÓN E ME PROMETE QUE ME QUERE E QUE VAI A CAMBIAR. ¿É POSIBLE?
NON. As promesas de cambio son unha fase máis do ciclo da violencia. Un home pega, maltrata, pide perdón, incluso abrúmate con regalos… Está unha tempada en calma, pero logo volven a repetirse os malos tratos, volve a pedir perdón … E cada vez, as tempadas de calma son máis curtas. A única forma de cambiar é romper o ciclo.


¿SERÁ POLA MIÑA CULPA?
NON, EN ABSOLUTO. Moitas mulleres culpabilízanse a si mesmas pola baixa autoestima que teñen tras repetidos episodios de agresións físicas e psíquicas. Ese sentimento de culpabilidade ven da estrutura patriarcal: o home é o que exerce a autoridade na familia e a muller síntese culpable de desobedecerlle. Pero que non te engane: o maltrato non ten ningunha xustificación. A única causa da túa situación é que el é un agresor.


¿QUÉ É O SÍNDROME DE DEPENDENCIA AFECTIVA?
É un nexo emocional que impide á vítima romper co seu agresor. É moi frecuente en mulleres maltratadas que viven 'illadas' porque o agresor non as deixa relacionarse con ninguén. El é todo o seu mundo, é o pai dos seus fillos, e ela sigue crendo que o ama. A dependencia emocional é unha especie de síndrome de Estocolmo que a leva a xustificar e perdoar continuamente as agresións e vexación do seu agresor.


SON EXTRANXERA, MALTRATADA E SEN PAPEIS. ¿QUÉ FAGO?
Non teñas medo de denunciar a túa situación. As forzas e corpos de seguridade do Estado prestan atención a calquera que o necesite, sexa cal sexa a súa situación legal. Nos últimos anos aumentaron os casos de estranxeiras maltratadas, algo 'lóxico' se se ten en conta o aumento da inmigración. O principal problema deste colectivo é o medo a denunciar cando se encontran en situación irregular. As asociación de mulleres insisten en que nunha situación de urxencia, o importante é salvar a vida. Asociacións como ATIME, VOMADE, Themis ou a Comisión para la investigación de los malos tratos, entre outras, pódenche ofrecer asesoramento e apoio.


¿É POSIBLE REHABILITAR A UN MALTRATADOR?
En moitos casos, sí. Así o creen moitos expertos que traballan dende fai anos en terapias de rehabilitación de homes maltratadores. Pero o éxito da rehabilitación require dúas 'condicións' previas: que o maltratador se recoñeza como tal, que tome conciencia dos efectos dañinos do seu comportamento e que teña unha motivación para cambiar a súa actitude (en moitos casos, a promesa da súa parella de que volverá con el). Aínda que algúns sectores rexeitan estes programas e defenden que todos os medios e esforzos se destinen ás vítimas, moitos expertos coinciden en sinalar que a rehabilitación é unha peza clave para romper o ciclo da violencia.


¿QUÉ FALLA NO SISTEMA DE PROTECCIÓN ÁS VÍTIMAS?
A propia protección ás vítimas. Moitos agresores que tiñan orden de afastamento a   incumpriron porque as vítimas non tiñan protección ou porque non se controla ou vixía que o agresor cumpra o afastamento. Faltan medios para garantir a seguridade de unha muller ameazada. O plan de choque contempla medidas como a implantación de pulseiras electrónicas para os maltratadores, teleasistencia ás vítimas e prisión preventiva para quen quebranten a orden de afastamento. Ademais, as asociacións de mulleres demandan maior coordinación de todos os axentes (policías, xuíces, psicólogos, médicos...) que teñen que dar resposta ó tema do maltrato.


¿QUÉ SE PODE FACER PARA PREVIR A VIOLENCIA DOMÉSTICA?
Cambiar os estereotipos e valores vixentes. A violencia é un feito social e cultural: ó  longo da historia -e aínda hoxe- identificouse ó home coa forza e á muller ca submisión (ata o 2 de maio de 1975, o código civil español falaba da obediencia que a muller debía ó marido). Segundo un estudo da Fundación Mulleres, o 23% dos chicos adolescentes entre 14 e17 anos conciben á muller como inferior e débil; e o 35%  móstranse de acordo ou moi de acordo con actitudes que xustifican, negan ou minimizan a violencia de xénero. Cambiar os estereotipos vixentes supón un proxecto concreto de educación a longo prazo.


¿A APARICIÓN DE UN CASO DE VIOLENCIA DOMÉSTICA NOS MEDIOS PROVOCA MIMETISMO NAS CONDUTAS DOS AGRESORES?
Os expertos consultados opinan que non e destacan que os medios de comunicación teñen feito e están facendo un papel moi importante, ó poñer en evidencia a gravidade de un problema que antes non traspasaba o ámbito familiar. Os medios teñen servido para concienciar á sociedade sobre o tema e para que as vítimas coñezan os recursos que teñen o seu alcance.

http://www.elmundo.es/documentos/2004/06/sociedad/malostratos/claves.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario